
A nosa intención
Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia somos conscientes da importancia que o autocoidado ten na nosa saúde.
Con esta iniciativa queremos contribuír a espertar esta conciencia de autocoidado e velar polo benestar común.
Para que esta acción neste momento?
Cómo se desenvolve
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia crea este Espazo de Coidado onde iremos presentando diferentes accións. Un Espazo Aberto a toda a comunidade. Un Espazo Vivo, que faremos crecer entre todos e todas coa intención de prantar e regar a semente do autocoidado.
O autocoidado é

O Autocoidado ten que ver co modo en que nos coidamos e nos tratamos. Supón responsabilizarnos e comprometernos co noso propio benestar, escoi-tándonos e tomando conciencia de “como estou” e “que necesito”.

O autocoidado é moito máis que unha serie de accións concretas, cousas que me gustan ou me son pracenteiras.

Coidarnos é un “ternos en conta desde a amabilidade e o aprecio” e atendernos física, emocional, social e espiritualmente para lograr unha maior satisfacción.
O autocoidado non é
Un acto egoísta, ou pensar só no meu.
Perder o tempo.
Unha escusa para deixar de facer o que temos que facer.
Algo que nos impoñamos como unha obriga.
Algo que fagamos para que os demais nos vexan ben.
Unha tendencia do momento.
Que nos proporciona coidarnos?
Permite unha mellor regulación emocional.
Fainos máis resistentes ás dificultades da vida cotiá.
Favorece sentimentos de estima, confianza, seguridade etc.
Fomenta que nos sintamos máis felices, con máis enerxía e optimismo.
Aviva a experiencia de goce.
Aumenta a nosa creatividade.
Axuda a que teñamos unha mellor concentración.
Mellora o noso rendemento e a produtividade.
Mellora a nosa percepción e manexo da saúde.
Facilita o desenvolvemento da compaixón e mellora as nosas relacións sociais.
Coidarnos axúdanos a coidar mellor os demais.
Propicia unha escoita máis profunda de nós mesm@s e dos demais.
Recursos de autocoidado

Elixe a versión Galego Castellano
Plataforma de accións
Eventos marzo
1st
Eventos marzo
2nd
Eventos marzo
3rd
Eventos marzo
4th
Eventos marzo
5th
Eventos marzo
7th
Eventos marzo
8th
Eventos marzo
9th
Eventos marzo
10th
Eventos marzo
11th
Eventos marzo
12th
Eventos marzo
14th
Eventos marzo
15th
Eventos marzo
16th
Eventos marzo
17th
Eventos marzo
18th
Eventos marzo
19th
Eventos marzo
21st
Eventos marzo
22nd
Eventos marzo
23rd
Eventos marzo
24th
Eventos marzo
25th
Eventos marzo
26th
Eventos marzo
28th
Eventos marzo
29th
Eventos marzo
30th
Eventos marzo
31st
Contacto
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Rúa da Espiñeira, 10 baixo 15706,
Santiago de Compostela (A Coruña)
Grupo de Traballo de Autocoidado: autocoidado@copgalicia.gal

www.copgalicia.gal
copgalicia@copgalicia.gal
981534049