Banco de recursos

A continuación presentámosche distintos tipos de recursos útiles para o autocoidado, que clasificamos por

Guías

Carteis de autocoidado

Sementes de autocoidado

Videoteca

 

Guías

As Guías son poderosos axudantes para contribuír a reducir o noso malestar xerado polas situacións de alto impacto emocional.

carteis de autocoidado

Os CARTEIS DE AUTOCOIDADO é un deseño que realizamos para o Espazo de Autocoidado que ofrece, a través de distintas imaxes, frases para reflexionar sobre o noso propio autocoidado. 

Tes dispoñibles para descargar, compartir e imprimir estas imaxes para que te acompañen no teu día a día, e que no teu espazo de traballo medre a semente do autocoidado. 

Sementes de autocoidado

AS SEMENTES DE AUTOCOIDADO son un recurso visual que trata de contribuír ao cultivo da práctica do autocoidado no noso día a día.
Son unha oportunidade para xermolar e enraizar o cultivo do teu coidado persoal, para que podas permitir florecer a amabilidade e a fortaleza natural do teu propio ser.
Trátase dunha serie de 6 videos creados por diferentes profesionais da psicoloxía nos que iremos prestando atención ás diferentes dimensións da persoa e o seu coidado.
Ofrecémosvos un sementeiro para o autocoidado físico, emocional, mental, social e espiritual.

Videoteca

Na videoteca vas ir atopando auténticos tesouros que abrirán a porta a un montón de coñecementos e perspectivas diferentes que nos axudarán a coñecernos máis, como é o funcionamiento do noso cerebro humano, as nosas emocións, as estratexias cerebrais .
A intención última de todos os recursos audiovisuais que irás encontrando é comprender a nosa natureza humana, para relacionarnos con nós mesmos/as dun modo máis sano, paciente e dese xeito, mellorar a nosa saúde emocional.

Este vídeo realizado por @unlugarsegurofsp pretende recordarnos que o autocoidado tamén forma parte do benestar emocional dos/as profesionais que coidan.