A nosa intención

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia somos conscientes da importancia que o autocoidado ten na nosa saúde.

Con esta iniciativa queremos contribuír a espertar esta conciencia de autocoidado e velar polo benestar común.

Para que esta acción neste momento?

Como se desenvolve

Actualmente estamos a vivir un verdadeiro desafío; continuar co noso día a día e, á vez,convivir cunha situación completamente nova que supón un risco para a nosa saúde física e unha fonte importante de tensión. Neste escenario, o coidado mutuo e o autocoidado son dúas perspectivas que é necesario integrar para preservar a nosa saúde.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia crea este Espazo de Coidado onde iremos presentando diferentes accións. Un Espazo Aberto a toda a comunidade. Un Espazo Vivo, que faremos crecer entre todos e todas coa intención de prantar e regar a semente do autocoidado.

O autocoidado é

O Autocoidado ten que ver co modo en que nos coidamos e nos tratamos. Supón responsabilizarnos e comprometernos co noso propio benestar, escoitándonos e tomando conciencia de “como estou” e “que necesito”.

O autocoidado é moito máis que unha serie de accións concretas, cousas que me gustan ou me son pracenteiras.

Coidarnos é un “ternos en conta desde a amabilidade e o aprecio” e atendernos física, emocional, social e espiritualmente para lograr unha maior satisfacción.

O autocoidado é

Un acto egoísta, ou pensar só no meu

Perder o tempo

Unha escusa para deixar de facer o que temos que facer

Algo que nos impoñamos como unha obriga

Algo que fagamos para que os demais nos vexan ben

Unha tendencia do momento

O autocoidado é

Permite unha mellor regulación emocional

Fainos máis resistentes ás dificultades da vida cotiá

Favorece sentimentos de estima, confianza, seguridade etc

Fomenta que nos sintamos máis felices, con máis enerxía e optimismo

Aviva a experiencia de goce

A

Aumenta a nosa creatividade

Axuda a que teñamos unha mellor concentración

Mellora o noso rendemento e a produtividade

P

Mellora a nosa percepción e manexo da saúde

/

Facilita o desenvolvemento da compaixón e mellora as nosas relacións sociais

Coidarnos axúdanos a coidar mellor os demais

Propicia unha escoita máis profunda de nós mesm@s e dos demais

Contacto

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Rúa da Espiñeira, 10 baixo 15706,

Santiago de Compostela (A Coruña)

Grupo de Traballo de Autocoidado:

autocoidado@copgalicia.gal

Subscríbete á nosa lista de correo
para recibir máis información.