Carteis autocoidado
Desde o Espazo de Autocoidado do COPG compartimos estes carteis que podes empregar para visibilizar, con frases que nos guían a coidarnos mellor. Podes descargalos, imprimilos, ou compartilos na rede.

Dentro do Espazo de Autocoidado do COPG abrimos o Espazo de Mindfulness e Compaixón, un espazo VIVO e FLEXIBLE para compartir, para aprender, para practicar, para encontrarnos e sentirnos en conexión, para coidarnos.
Un espazo para SER e ESTAR.
Para PLANTAR e REGAR a semente de coidarnos e tratarnos con amabilidade.
Este espazo está aberto a todas as persoas que nos queirades acompañar.
Trátase dun programa online que consta de oito sesións que se celebrarán os sábados entre o 20 de febreiro e o 17 de abril (agás o 3 de abril) ás 11:00 horas da mañá.