Programa de Mindfulness e Compaixón (II edición)
Programa de Mindfuless e Compaixón (II edición)
Dentro do Espazo de Autocoidado do COPG, lanzamos unha nova edición do Programa de Mindfulness e Compaixón, que tivo unha grande acollida na súa primeira edición na que cubriron as 1.000 prazas dispoñibles.
Trátase dun espazo para o coñecemento e a práctica de mindfulness, que consta de oito sesións online gratuítas e abertas ao público xeral os sábados entre o 30 de outubro e o 18 de decembro.
A actividade está dirixida a todas as persoas interesadas, se ben terán prioridade as colexiadas e colexiados do COPG, así como aquelas que non participasen na anterior edición do Programa.