Xornada práctica en silencio
Desde a Área de Mindfulness e Compaixón do Espazo de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia comprácenos convidarte a unha xornada de práctica en silencio o vindeiro sábado 9 de abril de 2022 de 9:30 a 13:30h. que organizamos para as persoas participantes na 1ª e 2ª edicións do Programa de Mindfulness e Compaixón.
O obxectivo é afondar na práctica de mindfulness e a compaixón e as prácticas que faremos xa as realizamos no Programa. A intención é:
- Experimentar coas prácticas de mindfulness e compaixón como un todo integrado realizadas dentro da 1ª e 2ª edición do Programa de Mindfulness e Compaixón do COPG.
- Saborear a experiencia de mindfulness e compaixón ofrecendo unha comprensión máis profunda de prácticas xa realizadas dentro do programa.
- Descubrir o poder da práctica de meditación en silencio.
A xornada é gratuíta estará guiada polas psicólogas Ana Isabel Martínez Arranz (G-2573), Sandra Izaguirre García (G-2477), Berta Fernández Méndez (G-2563) e Teresa Vilanova (G-5801).
Consulta o programa para ampliar a información. (accede ao pdf)(link is external)
Inscirción [accede ao enlace]